Sin categoría

O Club Patinaxe Artística Gondomar colecciona medallas este mes de maio

O mes de maio foi todo un éxito para o Club Patinaxe Artística Gondomar, tras traerse dúas medallas no campionato de Europa na modalidade júnior, prata en cuarteto e bronce en show, varias compoñentes destes grupos fan podio no Campionato Galego de libre-individual de infantil a sénior.

En categoría xuvenil Xiana Fernández consegue o ouro e Lola Álvarez a prata, ambas son patinadoras do cuarteto que se clasificou para o mundial en Italia que se celebrará o próximo mes de outubro. En categoría júnior consegue a prata Paula Gilsanz, e en cadete o bronce María Moldes.

Estas patinadoras gondomareñas son adestradas por David Figueroa, con María Nombela como coach-preparadora física, e coreógrafo Javier Martínez. O CPA Gondomar tamén conseguiu recentemente o primeiro posto no campionato autonómico de segunda categoría, co seu grupo pequeno “Le Rosey High School”, celebrado en Tui.