Sin categoría

Baiona abre o prazo de inscripción para a súa XXI Semana Verde

Os próximos días 24, 25 e 26 de xuño o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, o Cámping Bayona Playa, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente, organizan un novo programa da “Semana Verde”.

Organizado pola concelleira de Deportes, Ana Mª Iglesias Rodríguez, a acampada nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, o respecto e a sociabilidade entre nenos e nenas, tanto desde a práctica deportiva como dende a formación integral e educativa dos escolares.

A acampada consta de actividades de ocio, xogos e outras de índole formativo en onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna conforman o programa previsto. As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal da empresa Matrákala baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da Concellería de Deportes.

Nesta nova edición do 2024 ofértanse un total de 50 prazas. O Concello de Baiona quere continuar apostando porque nenos e nenas gocen e aprendan da nosa contorna e estean en contacto directo coa natureza. Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes Municipal, chamar ao teléfono 986356558 ou contactar no email deportes@baiona.gal.