Gran xornada da Sociedade Atlética Val Miñor no Campionato Provincial

Este sábado celebráronse en Balaídos (Vigo), os Campionatos Provinciais Xogade de atletismo en pista. A pesar dalgunha baixa de última hora, clasificáronse e participaron para a devandita competición case unha trintena de nenos e nenas que integran a escola e o club de atletismo da Sociedade Atlética Val Miñor, pertencentes ás categorías Benxamín (Sub-10), Alevín (Sub-12) e Infantil (Sub-14).

Durante a mañá foi a quenda para os máis pequenos/as (Benxamíns e Alevíns) competindo en diferentes disciplinas (salto de lonxitude, lanzamento de pelota ou peso, salto de altura ou tesoira, carreiras, substitucións por equipos…. etc) quen á parte de seguir aprendendo e crecendo neste deporte e nesta curta idade, competiron estupendamente conseguindo moi bos resultados, podendo destacar algúns:

-Hugo Rey (Benxamín): Medalla de ouro e campión provincial en salto de altura, cunha mellor marca de 0,95 centímetros. Ademais da súa 8ª posición nos 50 metros lisos.

-Mateo Costas (Benxamín): Medalla de prata en lanzamento de peso, cun lanzamento de 7,75 metros, mellorando, ademais, a súa marca persoal en case 2 metros, obtido desta forma o subcampionato provincial.

-Lidia Martínez (Benxamín): Medalla de bronce (3ª) en lanzamento de peso, cun mellor lanzamento de 5,56 metros.

-Ánxela Bastero (Alevín): Medalla de prata (2ª) en salto de altura, cun mellor salto de 1,17 metros. Sendo así subcampioa provincial.

-Guillermo Martínez (Alevín): Medalla de prata en lanzamento de peso, mellorando a súa marca persoal, e fixándoa en 7,75 metros, alzándose tamén co subcampionato provincial.

-Izan Fernández (Alevín): 4º clasificado en lanzamento de peso, mellorando a súa marca persoal e quedándose a 3 centímetros da medalla de bronce, e de acompañar ao seu compañeiro no podio da devandita proba.

-Yeray Mariño (Benxamín): 5º clasificado na proba de 400 metros lisos, a escasos 3 segundos do podio.

-Santiago Domínguez e Mateo González (Alevíns): Sendo 5º e 6º clasificados respectivamente en salto de lonxitude, compartindo ambos os dous marca en 3,68 metros. Ademais da 7ª posición de Santiago nos 60 metros lisos.

-Teo Bastero (Benxamín): 8º clasificado en lanzamento de pelota.

-Marta Rodríguez (Alevín): 9ª clasificada en lanzamento de peso.

Xa pola tarde, foi a quenda dos/as Infantís (Sub-14), quen levou a cabo unha xornada vespertina moi traballada, e pasada por auga, por mor da incesante choiva que acompañou aos atletas durante a xornada, pero a pesar de todo conseguiron bos resultados, resaltando os seguintes:

-Julián Martínez: Medalla de prata e subcampión provincial en salto de lonxitude, sendo o seu mellor salto de 4,60 metros.

-Hugo Dos Reis: 4º clasificado, rozando a praza de podio na proba de 80 metros valas. E tamén un 5º posto en salto de lonxitude cun salto de 4,24 metros.

-Izan González: 5º clasificado nos 80 metros lisos e 6º clasificado en lanzamento de peso, excedendo os 8 metros, fixando o seu mellor marca en 8,04 metros.

-Belén Silva e Carlota Pages: Obtendo a 6ª e 8ª posición respectivamente, no concurso de salto de lonxitude.

-Miguel Rouco: 8ª posición en lanzamento de xavelina.

Desde o club destacan que é un orgullo ver a estes/as atletas tan pequenos/as competir divertíndose neste deporte e nestas competicións, despois do esforzo e dedicación que levan, adestrando cada día, da man dos seus adestradores Yeray e Nerea. E é que á parte de facer equipo, divertirse e aprender atletismo, tamén fan amigos, e é que a Sociedade Atlética Val Miñor aglutina a nenos e nenas dos tres Concellos que conforman a Mancomunidade do Val Miñor (Gondomar, Baiona e Nigrán). Próxima parada para estes atletas de presente e futuro os Campionatos de Galicia das súas respectivas categorías, en próximas semanas.