Ouro e bronce para a baionesa Gabriela Bouzada no Campionato Provincial de Xogade

Hoxe celebrouse o Campionato Provincial de Xogade sub14 en Vigo. A baionesa Gabriela Bouzada levou o ouro en Xavelina cun lance de 36,36 m e mellorando a súa marca persoal en 2 metros. A deportista do Celta está a 13 cm do récord galego sub 14. Tamén levou o bronce en 80 m. valos, mellorando tamén o seu tempo. En 80 m valos fixo un tempo de 14,61 sg.