Concello de Nigrán e Kids&Us ofrecen un contacontos en inglés

O Concello de Nigrán e a academia con sede no municipio Kids&Us ofrecen este sábado 25 de maio ás 11:30 horas no Auditorio Municipal o contacontos en inglés “Mousy and the big red ball”, dirixido a nenos de ata 4 anos pero tamén divertido para os maiores da casa. A entrada é de balde ata completarse o aforo.