Sin categoría

Nigrán expón as obras do alumnado da Escola Municipal de Pintura

O Concello de Nigrán expón ata o 30 de maio no Auditorio Municipal os traballos realizados durante todo o curso pola Escola Municipal de Pintura, dirixida por Ana Barbará. O mesmo está aberto ao público de 9:00 a 14:00 e en todos os actos culturais programados. A continuación, do 1 ao 14 de xuño, exporanse as obras do alumnado da Escola Municipal de Gravado, dirixida pola mesma mestra.