Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este sábado 25 de maio un percorrido guiado pola Foz do Miñor para a divulgación dos seus valores naturais e a observación das aves que utilizan este humidal.
A andaina partirá da vella estación do tranvía da Ramallosa ás 11:45 horas e será dirixida polo afeccionado ornitólogo César Vidal Rodríguez, cofundador da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Prevese que a actividade teña unhas dúas horas de duración. Solicítase ás persoas que queiran participar, que leven roupa e calzado axeitado e se é posible prismáticos.

