Sin categoría

Gondomar acolle as IX Xornadas de Xogos Populares do Val Miñor

O vindeiro día 23 celebrarase a IX Xornada de Xogos Populares para o alumnado de 4º de Primaria no Campo das Cercas, en Gondomar. Nel van participar os colexios de Fontes, Belesar e Sabarís de Baiona; Neira Vilas, Chano Piñeiro, Donas e Serra Vincios de Gondomar; Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, CPI Arquitecto Palacios, Mallón, CPR Ángel de la Guarda e o Colexio Estudio de Nigrán, así como o de Igrexa Valadares. Se o tempo non permitise a celebración, esta trasladaríase á semana seguinte, 30 de maio no mesmo horario.

Estas Xornadas viñan celebrándose anualmente ata a pandemia, e retómanse este curso despois deste período transitorio. Asistirán 30 profesoras e profesores así como 336 nenos e nenas, que participarán en xogos tradicionais como a chave, os peóns, os aros,… ata un total de 20 xogos. O horario será de 10:00 a 13:00 horas, e coma en anos anteriores contan coa colaboración dos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, con Protección Civil e Agua Sana, aos que lles agradecen a súa axuda.