Sin categoría

Detidas 5 persoas por tráfico de drogas e pertenza a organización criminal que actuaban en España e Portugal

O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra en coordinación coa División de Investigación Criminal da PSP do Porto (Portugal), leva a cabo a explotación da operación QUINTA FEIRA na madrugada do 14 de maio dirixida polo Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense.

Procédese á detención de 5 integrantes dunha organización criminal, 3 en España e 2 en Portugal presuntamente dedicada á plantación interior de marihuana, nunha nave situada na localidade de Amoeiro (Ourense). A investigación iníciase o pasado 9 de febreiro, ao detectar a un individuo con antecedentes por tráfico de drogas, que acudía con frecuencia a unha nave dunha leira localizada en Amoeiro (Ourense), onde se reunía con diferentes persoas de nacionalidade española e portuguesa.

Esta persoa sería o encargado da plantación, outro o electricista que garante a enerxía eléctrica da instalación, así como o propietario da leira e dous deles que realizarían viaxes constantes entre España e Portugal. Froito da colaboración e intercambio de información coa División de Investigación Criminal da Policía de Seguridade Pública (PSP) do Porto esta confirma a existencia dun procedemento xudicial aberto relacionado con este individuo por tráfico de drogas.

Realízanse 4 rexistros por parte da PSP en Portugal, e intervéñense 603.000 mil euros e diferentes substancias estupefacientes tales como 878,19 gr. de cocaína, 1364,59 gr. de marihuana, 79,1 gr. de haxix e 20,57 gr. de mdma (droga sintética derivada da anfetamina), ademais de tres vehículos, un deles de alta gama, 2 balanzas dixitais e 4 teléfonos móbiles. En consecuencia, solicítase a entrada na leira de Amoeiro (Ourense) onde se interveñen 548 plantas de marihuana e 12,883 kg de sumidades floridas, así como dispositivos electrónicos e documentación de interese para a investigación.

Os detidos en España quedaron en liberdade pendentes de presentarse ante a autoridade xudicial cando sexan requiridos para iso. E un dos detidos en Portugal, ingresou en prisión.