Tonichi y Pacheco darán un concerto organizado polo Concello de Baiona o próximo 25 de maio ás 20:00 horas nos xardíns da Casa Museo da Navegación, aproveitando que Tonichi fixo unha pausa na súa apaixonante aventura de dar a volta ao mundo xunto coa súa familia no seu veleiro Nicole, portando a bandeira de Baiona polos distintos continentes. O dúo celebra o seu XI aniversario e está a desexar reencontrarse co seu público.
Tonichi y Pacheco celebran o seu XI aniversario cun concerto en Baiona

