Este sábado 18 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, celébrase o Baidemuiñeiras. A Asociación Folclórica Vila de Baiona, en colaboración co Concello e ACEBA, organiza a XI edición deste festival que este ano se celebrará no Paseo de Pinzón.
Ás 17:30 horas realizarase a ruada desde o Porto Pesqueiro ata a zona peonil da rúa Carabela Pinta, onde os grupos participantes bailarán un par de pezas todos xuntos para logo continuar ata o Paseo de Pinzón, onde ás 18:00 horas celebrarase o Festival.
Nesta ocasión deleitarannos coas súas actuacións Os Festiceiros (Vigo), as Pandeireteiras Alxibeiras (Ponteareas), as Pandereteiras de Monteboi (Baiona), Asociación Cultural A Seneira (Baiona) e a Asociación Folclórica Vila de Baiona.
En caso de choiva celebrarase no Auditorio V Centenario ás 18:00 horas.

