O vindeiro sábado día 22 de xuño, para complementar o peche do curso escolar deportivo 2023-2024 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona programa unha viaxe ás Illas Cíes. A inscrición abriuse este mércores 15 de maio.
O número de prazas é limitado e as inscricións deben tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 de tarde.
A saída desde o porto pesqueiro de Baiona será ás 9:15 con regreso previsto desde o peirao de Rodas nas Illas Cíes ás 20:40.
O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes sendo o mesmo fixado en 8 euros para todas as viaxes. Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico deportes@baiona.org.

