Sin categoría

A GolfManía pasará por Gondomar e Nigrán

Este venres 17 de maio celebrarase a décimo segunda edición da concentración de coches do mítico modelo Volkswagen Golf. GolfManía terá a súa habitual saída desde Pereiras en Mos.

Os condutores do mítico modelo Volkswagen Golf interesados en participar nesta concentración aínda poden inscribirse.

A programación do evento comezará o venres en horario de 9:00 a 12:30 horas coa recepción de vehículos inscritos. Ás 12:45 saída de vehículos dirección San Cosme, Mirador de Herville (parada con petiscos), Zamáns, Vincios, Chandebrito, subida ao Monte Aloia, Tui e Areas, onde será a comida, sobre as 14:30 na Rectoral de Areas. Tras finalizar a comida visitarase algún lugar cercano de interese se o tempo acompaña, onde se fará a despedida desta décimo segunda edición.

Para formalizar a inscrición os interesados deberán realizar o pago mediante Bizum ou transferencia e en concepto poñer o número de DNI do titular do pago (en caso de transferencia, enviar xustificante de pago a algún membro da organización).

O número de conta para a transferencia bancaria é IBAN: ES59 0049 7861 0229 1001 8612 e o teléfono para o BIZUM: 617370715.

Unha vez realizado o pago débese comunicar á organización que a persoa en cuestión está rexistrada e o modelo de GOLF co que asistirá.

En caso de asistir só ao roteiro (sen comida), son 3€/coche, en caso de asistir tamén á comida son 30€/persoa + 3€/coche.

O menú é fixo, en caso dalgunha alerxia, intolerancia ou outro problema, debe ser comunicado á organización, e farase un menú especial sen problema (menú infantil opcional 3-12 anos / 18€).