Sin categoría

Nigrán continúa coa programación das Letras Galegas cunha tarde de brinquedos e xogos tradicionais

O Concello de Nigrán continúa coa celebración do mes dedicado ás Letras Galegas este sábado 18 de maio con brinquedos tradicionais no Auditorio Municipal de 17:00 a 20:00 horas (ante a previsión de choiva, finalmente non se desenvolverá no muíño de Porto do Molle). Os nenos atoparán en “Xogando Miudiño” un grande repertorio de xogos e xoguetes; habilidade e puntería, equilibrio e desprazamento, xogo simbólico, téxtil…

O xogo tradicional ten experimentada a criba do tempo e, sendo un gran descoñecido na sociedade lúdico-tecnolóxica actual, tórnase novidade e marabilla para a cativada e ilusión e reencontro para a adultez e vellez.