Sin categoría

Nasas Nigrán acolle o Primeiro Encontro Galaico Rap

Este venres 17 de maio, de 11:00 a 21:00 horas, en Nasas Nigrán celebrarase por todo o alto o Día das Letras Galegas cun evento único: o Primeiro Encontro Galaico Rap. Este evento de balde é unha ocasión perfecta para mergullarse na cultura urbana galega, con batallas de rap en galego, DJs, hip hop, concertos e moitas sorpresas máis.

Actuarán artistas locais recoñecidos como New Era, Betozzz, Ferky Ragzbundle, La Huerita e Lara Erre, garantindo unha xornada chea de talento e enerxía. Ademais, haberá premios para os finalistas das batallas de rap, así que se es un/unha galo/a batalleir@, non dubides en inscribirte.

Desfruta dun día cheo de cultura urbana, música e diversión, e forma parte deste evento tan esperado. Finalmente, despois de moitas peticións, chega o evento urbano que tanto se demandaba, especialmente pensado para a mocidade. Para máis información e para inscribirse, visita as redes sociais de Nasas Nigrán.