O CPI de Cova Terreña organiza o próximo xoves 16 de maio, ás 20:00 horas, o concerto de celebración do Día das Letras Galegas. Os departamentos de Música e Lingua Galega e Literatura, e coa participación da mestra de Música, prepararon un acto de homenaxe á autora Luísa Villalta que combinará a música e a poesía, como ela mesma faría, e no que intervirán tanto o coro de Educación Primaria como o coro xuvenil de Educación Secundaria. O acto terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona, cedido para a ocasión polo Concello de Baiona.
PROGRAMA CONCERTO
1ª Parte. Coro de Educación Primaria
- “Cruel Filosofía” de A Banda da Loba
- “Tribo” de A Banda da Loba
2ª Parte. Coro de Educación Secundaria
- “Meu amor é mariñeiro” de Fuxan os Ventos
- “Aí vén o maio” de Luís Emilio Batallán
O acto rematará co Himno Galego (Eduardo Pondal e Pascual Veiga)

