A Comisión de Festas de Praia América organiza o sábado 18 de maio unha exhibición canina a partir das 10:30 da mañá no campo de fútbol de Lourido, da man do Club de Agility Thunderdogs Galicia. E a partir das 12:30 horas, a primeira edición de “Porco ao Espeto”, con racións e bocadillos. O evento prolongarase durante todo o día, finalizando coa actuación de Mariano pola noite. Reservas nos teléfonos 629890647 (Mónica), 627904058 (Evaristo) e 649417579 (Guillermo).
Exhibición canina e porco ao espeto en Lourido

