O Campionato de Europa de Grupos Show e Cuartetos finalizou cuns resultados sobresalientes para a delegación española que sumou un total de tres ouros, tres pratas e dous bronces no medalleiro.
No segundo e último día de competición, o CPA Olot sacouse a espiña do ano pasado, no que non participou na competición continental, e proclamouse campión de Europa con superioridade. O seu impresionante disco “EN LO MÁS PROFUNDO” obtivo un total de 41.13 puntos. Pola súa banda, o CPA Girona foi subcampión de Europa co seu “MÁS MÁS MÁS” polo que sumou un total de 35.50 puntos. O terceiro representante español foi o CPA Condado que terminou no sexto lugar. O podio completouno o Cristal Skating Team italiano.
En Cuartetos Júnior, o CPA Gondomar foi subcampión europeo co seu “EFECTO SECUNDARIO” polo que conseguiu unha puntuación de 47.99, moi preto do Skate Stars italiano. O bronce foi para o Club Calipso, o outro cuarteto italiano participante. Pola súa banda, o CP L’Aldea foi cuarto co seu “GUARDIANES DE LA NOCHE” sumando 41.44 puntos totais.
Lembramos que o venres, o Artistic Skating Cunit proclamouse campión de Grupos Show Pequenos e Cuartetos Sénior. Ademais, o CPA Tona colgouse a medalla de bronce en Grupos Pequenos e o Artistic Skating Cunit e o CPA Gondomar foron subcampión e terceiro, respectivamente, en Grupos Show Júnior.

