O aparcamento subterráneo da Palma en Baiona ten novo propietario. INDIGO Group, líder mundial en solucións de estacionamento e mobilidade urbana, anuncia a finalización do proceso de compra de Parkia (Parkia Spanish Holding SLU e as súas subsidiarias), actual empresa concesionaria das instalacións municipais situadas xunto á Fortaleza de Monterreal. A entidade combinada operará de forma unificada baixo a marca INDIGO.
Tras a aprobación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), a compañía adquiriu os máis de 70 aparcadoiros públicos e máis de 38.000 prazas de aparcamento que Parkia xestionaba en España e Andorra, sendo este último o sétimo país europeo no que INDIGO está presente, décimo no mundo. Ademais, permite a INDIGO expandir a súa presenza en novas rexións crave de España, como Galicia e a Comunidade de Valencia.
Pero máis aló do aumento do número de estacionamentos, esta operación destaca por reforzar a INDIGO Group como principal operador a nivel mundial con máis de 2.700 aparcamentos e o segundo en España, onde acumula 167 aparcadoiros e máis de 185.000 prazas de aparcamento. É por iso que, desde a compañía, sitúan esta adquisición como a operación máis importante do grupo nos últimos 20 anos.
En palabras do director xeral de INDIGO España, Álvaro Busca Martín-Sanz, “esta compra ten un gran potencial estratéxico para o grupo. A combinación da estabilidade e a longa duración dos moitos contratos de Parkia en concesións, unido á diversificación de liñas de negocio de INDIGO, bríndanos amplas oportunidades de mellora e crecemento”.
“Trátase de axuntar talento e cultura, experiencia e coñecementos, ideas e persoas. Por todo iso, cremos firmemente que nun futuro próximo seremos o principal operador de aparcadoiros en España”, conclúe Busca.
O acordo contou co apoio dos seus accionistas Crédit Agricole Assurances, Vauban Infrastructure Partners e MEAG.
Sobre INDIGO
Líder mundial en solucións estacionamento e mobilidade urbana, INDIGO é un grupo francés que emprega a máis de 9,700 persoas en 10 países e máis de 500 cidades. INDIGO é o único operador internacional que ofrece todo tipo de instalacións de estacionamento: aparcamento público, aparcamento privado e xestión de estacionamento na vía pública. O grupo opera máis de 2,700 estacionamentos en todo o mundo (1.4 millóns de prazas) e xestiona máis de 2,200 km de aparcamento na vía pública. Grazas á App INDIGO Neo, solución dixital do grupo, o usuario pode adaptar o seu aparcamento ás súas necesidades e patróns de viaxe.

