A Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa organiza un roteiro mototurístico

A Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa organiza o vindeiro sábado 25 de maio un roteiro mototurístico. A saída será ás 17:00 horas desde o recinto de festas con parada con petiscos no Monte dos Pozos. Haberá cantina con bebidas e bocadillos. Pola noite, a partir das 20:00 horas, os participantes poderán gozar dunha cea con grandes sorteos e música a cargo de Tattoo Discomóvil e Dais7 Disco Móvil. O menú, cun prezo de 20 euros, inclúe mexillóns, churrasco, bebida, sobremesa, café e chopo. Inscricións e consultas nos teléfonos 679557443 e 639623603.