Concentración na Ramallosa para reclamar que se manteña o sistema público de pensións

Modepen convoca este luns, como todos os primeiros luns de mes, unha concentración para seguir a reclamar que se manteña o sistema público de pensións dignas. Polo que se demanda que a pensión mínima sexa suficiente, rematar coa fenda de xénero nas pensións, que se faga unha auditoría das contas da seguridade social e que non se deriven cartos dos salarios aos plans privados de pensións de empresa. Este día convocan mobilizacións en todo o estado diversos movementos pensionistas, en Galicia hai convocatorias en A Coruña, Ribadeo, Val Miñor e Vigo. No Val Miñor será ás 12:00 horas diante da Capela de San Campio na Ramallosa.