A Comunidade de Montes de Couso e Alalá Coop seguen co proxecto de Comunidade fronte á emerxencia climática. Despois de mulleres fronte á emerxencia climática, presentan a súa segunda proposta. Esta vez, a cousa vai de facer unha exposición de Árbores e Historias escritas, que serán expostas no mes de xuño na Casa Veciñal de Couso.
“Queremos facer unha exposición para que as protagonistas sexan as árbores e as persoas que comparten as súas historias con nós. A nosa existencia e calidade de vida dependen directamente da natureza: dos bosques e montes, das árbores, da saúde do chan, da auga, do aire, das montañas… E esta vez, vai por elas: as nosas árbores amigas. Para resignificar a pegada dás árbores nas nosas vidas. Sentir e emocionarnos camiñando cara o bo vivir, sempre en imaxinarios onde as árbores estean moi presentes”, sinalan.
Os interesados en participar poden enviar a súa historia e fotografía a alalacoop@gmail.com co asunto “Árbores e memorias + nome e apelido”.

