Nigrán ofrece un baile especial polo Día da Nai

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 5 de maio a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal un baile especial polo Día da Nai a cargo do grupo D’Líder. A entrada é de balde ata completar aforo e as nais serán agasalladas cunha planta.