O 30 de abril celebrouse no CPI de Cova Terreña unha xuntanza co alumnado voluntariado da Biblioteca e cos membros do club de lectura Baideler para agasallalos polo seu traballo e compromiso ao longo do curso. Nesta reunión, viron o filme “O achado do castro”, baseado na obra de teatro homónima de Manuel Núñez Singala, que foi gravado polo alumnado de Oratoria. Contaron ademais coa presenza dos actores e actrices, que partillaron co resto como resultou a experiencia. Esta actividade ten un marcado carácter educativo creando espazos de convivencia positivos.
O CPI de Cova Terreña celebra a súa primeira “Noite na Biblio”



