O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece dous novos cursos a celebrar nos próximos meses de maio e xuño, subvencionados pola Consellería de Política Social e Igualdade e que só contan cunha pequena cota de inscrición.
O primeiro deles, de Cociña Mediterránea, desenvolverase a mediados do mes de maio, os días 13, 14, 16, 20 e 21, en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas para un máximo de 8 participantes, cun prezo de inscrición de 10 euros.
O segundo, de Escritura Creativa, será os mércores desde o 15 de maio ao 19 de xuño para -como moito- 10 participantes, e introduciranos no mundo da creatividade a través da escritura, ensinaranos a ler e ser capaces de analizar textos escritos. A reserva de praza ten un custo de 5 euros.
As inscricións poden realizarse presencialmente no Centro Sociocomunitario de Baiona, no teléfono 886 110 123 (de 16:00 a 20:00 horas) ou no correo electrónico c.b.s.baiona@xunta.es.

