Sin categoría

Nigrán ofrece unha excursión de maiores aos Museos Liste e Quiñones de León con xantar en Redondela

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o xoves 9 de maio nunha excursión ao Museo Etnográfico Liste e ao Museo Municipal Quiñones de León, ambos en Vigo. Ademais, inclúe comida no restaurante Casas de Redondela e baile posterior no mesmo lugar. O prezo é de 25 €/persoa e inclúe transporte, xantar e visitas. A excursión está destinada a veciñanza xubilada empadroada en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata un máximo de 2 inscritos/persoa e ata esgotarse as prazas dispoñibles.