Sin categoría

Oito medallas para o Gondomar Acro Club na Copa Escolar, Copa Base e Elite

Esta fin de semana, o club gondomareño de ximnasia acrobática, Gondomar Acro Club, participou no campionato Copa Escolar, Copa Galega Base e Elite celebrado en Vigo xunto ao resto de clubs galegos.

“Esta competición enfocámola en mellorar notas de cara ao seguinte campionato e conseguímolo, así que todo indícanos que este é o camiño para seguir dando pasos adiante e nun mes temos o seguinte campionato para a posta a punto de cara ao nacional. Destacar a actuación do equipo escolar, que novamente tiveron unha actuación brillante, veñen pisando forte. Estou moi orgullosa do que estamos a conseguir crear grazas ao equipo que formamos adestradoras, ximnastas e familias”, comenta Cristina Castro.

Categoría Benxamín Escolar:

  • Trío feminino: Chloe Fernández, Alba Martínez e Sara Domínguez, medalla de Bronce.
  • Trío feminino: Uxía Vázquez, Irene Zink e Nahir García, medalla de Prata.
  • Cuarteto feminino: Olivia Costas, Aria Velasco, Valle Velasco e Sofía Couto, medalla de Ouro.
  • Parella feminina: Bimna Martínez e Lía Freiría, 4ª posición.
  • Parella feminina: Irene Figueroa e Jana Martínez, medalla de Prata.

Categoría Alevín Base:

  • Trío feminino: Carla Albores, Candela Alonso e Ana Muíños, 4ª posición.

Categoría Infantil Base:

  • Parella feminina: Martina Aramburu e Paula Alonso, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Ariana Pérez, Carmen Alonso e Gabriela Sánchez, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Ainoa Fernández, Ángela Casás e Jimena Méndez, medalla de Bronce.

Categoría Cadete Base:

  • Trío feminino: Helena Veiga, Nerea Gallego e Vera Fernández, 6ª posición.
  • Trío feminino: Inés Román, Aroa Araujo e Lara Cabral, 5ª posición.
  • Parella feminina: María Fernández e Alejandra Pérez, medalla de Ouro.