Sin categoría

A Garda Civil localiza a unha sendeirista perdida no monte Galiñeiro de Gondomar

Durante a mañá do pasado mércores 23, a Patrulla do Seprona da Compañía da Garda Civil de Vigo recibe unha chamada telefónica dunha sendeirista que saíra a realizar un roteiro de sendeirismo ata o Monte Galiñeiro, na localidade de Gondomar, ata chegar a un punto no que a muller se empeza a poñer nerviosa, se desorienta e se sente incapaz de descender da zona rochosa onde se atopaba.

Logra poñerse en contacto coa Garda Civil de Vigo, establecendo conversación cos axentes da patrulla do Seprona, que lle dan as indicacións telefónicas oportunas para que non se mova do lugar onde se atopa para non poñer en risco a súa integridade física, e facilitar a súa localización. Iniciouse un operativo de procura con membros do Seprona e das Patrullas da Compañía da Garda Civil de Vigo.

Unha vez recoñecida a zona por parte dos axentes, localízase á sendeirista ás 14:00 horas no cara Norte do alto do Monte do Galiñeiro, conseguindo chegar ao punto onde se atopaba e trasladala a un lugar seguro. Unha vez recoñecida atópase en bo estado.