Charla sobre o coidado e manexo de persoas dependentes en Baiona

A Casa da Navegación de Baiona acolle mañá mércores 24 de abril ás 11:00 horas unha charla sobre “Coidado e manexo de persoas dependentes”, impartida por profesionais da saúde e traballo social do EIR e ESAD Val Miñor. Falarase da Lei de dependencia, recursos, servizos e axudas dispoñibles, documento de instrucións previas, recursos e coidados hixiénicos-dietéticos.