Sin categoría

O Club Ximnasia Rítmica As Estelas arranca a tempada de competición subindo ao podio

Arranca a tempada de competición Interescolar, Escolar e Promoción na ximnasia rítmica en Galicia e o club do Val Miñor, Club Ximnasia Rítmica As Estelas, con sede no polideportivo Xurxo Otero de Nigrán faio da mellor maneira posible.

O pasado 6 de abril acoden a Celanova para disputar a I Fase Provincial Interescolas onde o equipo Benxamín e o equipo Alevín álzanse con dous merecidísimos 2º postos, o conxunto Infantil rozou o podio quedando finalmente en 4º posto.

Onte disputouse en Marín a primeira I Fase do Campionato Provincial Escolar e Promoción organizado pola federación galega de ximnasia rítmica e volveron a Nigrán cun gran sabor de boca e orgullosas do traballo realizado sobre o tapiz.

O equipo Prebenxamín subiu ao podio en 2º posición e os equipos Alevín e Infantil alzáronse co metal máis pesado, o 1º posto. Doutra banda, en modalidade individual a Prebenxamín proclamouse campioa e a ximnasta Alevín subcampioa.

Destacar que o Club As Estelas comeza a adestrar no Pavillón Xurxo Otero esta tempada 2023/2024 grazas ao apoio incondicional por parte do Concello de Nigrán, coa compra dun tapiz regulamentario de competición e sumado ao gran traballo realizado polas adestradoras Nahir e Carla, fixo que se vexa reflectido nestas primeiras fases da competición, a esperas do que ocorra na segunda fase todos os equipos están clasificados para os Campionatos Galegos.