Sin categoría

Investigan a un mozo de Nigrán polo furto da central electrónica dun camión

A Garda Civil do Porriño investiga a un mozo por un delito de furto dunha central electrónica que leva un camión nun caixón anexo á cabeza tractora. O pasado 27 de marzo sobre as 20:00 horas o encargado de almacén dunha empresa de loxística, sita no Polígono Industrial da Granxa, no Porriño, sorprendeu a un mozo agachado no lado dereito da cabeza tractora dun camión góndola da empresa, que estaba estacionado diante da nave de loxística na vía pública do polígono.

O mozo ao verlle levantouse e foise correndo do lugar con algo na man, dándose á fuga nun vehículo. Ao achegarse á cabeza tractora comprobou que lle faltaba a central electrónica que leva o camión no interior dun caixón anexo á cabeza tractora. Esta central ten un valor aproximado de 2.526 euros, e xa non se fabrica, polo que o camión queda sen o retardar e con iso inutilizado.

Faise cargo da investigación o Equipo Ebio do Porriño, que, tras diversas xestións, logran identificar o pasado sábado 13, ao autor do furto da central electrónica e a recuperación da mesma, a cal foi devolta a un representante da empresa. Por iso investígase a este mozo de 32 anos, veciño de Nigrán, con múltiples antecedentes policiais por feitos similares, como autor dun delito de furto dunha central electrónica retarder dun camión, valorada en 2.526 euros.

Instrúense dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución Nº 3 dos do Porriño.