Sin categoría

Recital e micro aberto no Ciclo Literario Miñorán

Este venres día 19 de abril ás 21:15 horas, 18 poetas recitarán dentro do Ciclo Literario Miñorán na Pizzería La Vitrola de Gondomar (Praza Rosalía de Castro). Unha nova xeración de todas as idades nacida ao abeiro do Certame de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar e amadriñada nesta ocasión por Marta Dacosta e Elba Pedrosa. Tamén participará Soledad García, Nanda Misa, Loli García Sotelo, Víctor Pérez, Montse García, Eva Vázquez, Uxío Torreira, Fran Fernández Davila, Masha Álvarez, Pedro Rodríguez Villar, Raquel Fernández, María Torea, Xabier Boubeta, Sendy Pérez, Lucía Castellano e Aurora Grandal. Despois haberá unha sesión de micro aberto para quen lle apeteza unirse á festa da poesía en galego.