O pasado domingo 14 de abril, a Policía Nacional estivo presente no evento deportivo Vig-Bay, con saída na praia de Samil de Vigo e percorrendo a costa, pasando por Nigrán, e finalizando en Baiona.
Para iso estableceuse un dispositivo de seguridade conformado por axentes, pertencentes a distintas unidades, como Seguridade Cidadá, UPR, TEDAX, Guías Caninos, Subsolo e Protección Ambiental, e Medios Aéreos, coa finalidade de canalizar a chegada de asistentes ás probas e acompañantes na zona da saída da carreira, situada na praia de Samil, así como de velar pola seguridade na saída e no percorrido desde esta praia ata a parroquia de Saiáns, zona limítrofe con Nigrán, a partir da cal tomou a substitución a Garda Civil.
Por outra banda, na meta da carreira en Baiona, e como vén facendo desde fai tres anos, a Policía Nacional montou un stand, con representantes e medios materiais de todas as unidades citadas anteriormente, así como persoal de Policía Científica, Policías Alumnos e Gabinete de Prensa e Relacións Institucionais, que atenderon e informaron sobre as súas funcións e o material exhibido a todos aqueles que se achegaron a visitalo, entregándose obsequios relacionados coa conmemoración do 200 Aniversario da creación da Policía Nacional entre os visitantes.
Tamén se repartiu material de diversas campañas de prevención, entre as que destaca a utilización da internet de forma segura, prevención de roubos e consellos de seguridade para o turista, ou consellos do Plan Maior de Seguridade, e trípticos para dar a coñecer o labor que realiza a delegación.
Foron probablemente os máis pequenos os que máis gozaron do stand onde se lles fixeron carnés policiais infantís, realizáronse fotografías nas motocicletas e vehículos policiais, observaron ao guía canino traballar coa súa cadela policía, e interesáronse polos drons.

