A Biblioteca Pública Municipal de Baiona continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar constantemente o seu catálogo coas últimas novidades. Cunha destacada colección de libros e álbums ilustrados, a biblioteca consolídase como un referente.
Ademais, a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal, levará a cabo o espectáculo de monicreques “O traxe novo do rei”. Esta actividade terá lugar o 24 de abril e enmárcase nas celebracións do Día Internacional do Libro, que se conmemora o 23 de abril e contará coa presenza de visitas didácticas escolares da escola infantil O Areal de Sabarís e Gándara International School.
“O traxe novo do rei” é unha adaptación con monicreques do conto clásico da literatura infantil, “O traxe novo do emperador” de Hans Christian Andersen, a historia que foi e é publicada en moitos formatos e forma parte da biblioteca. É un espectáculo que mestura narración oral e teatro de monicreques utilizando diferentes técnicas: monicreques de mesa, de boca, vartita e figuras. A montaxe, guión e creación de monicreques é de Esteban Dacuña.
Dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de idade acompañados de adultos, o espectáculo se levará a cabo o mércores 24 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, cunha duración aproximada de 1 hora. A entrada é libre ata completar o aforo, e non é necesaria inscrición previa.

