A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra e a Garda Nacional Republicana de Braga (Portugal), no marco da Operación conxunta “Gerbera-Arvoredo”, coordinada pola Unidade Técnica de Policía Xudicial xunto con EUROPOL, dan por desarticulado un grupo criminal itinerante internacional, dedicado á comisión de roubos con forza, nunha ampla zona do norte de Portugal. Ante a solicitude de colaboración por parte da GNR portuguesa por unha banda que estaba a cometer roubos con forza en vivendas na zona norte de Portugal, iníciase un operativo conxunto a principios do mes de novembro de 2021.
En febreiro de 2022 realízase a explotación dunha 1ª fase, cun rexistro na zona do Rosal (Pontevedra), onde estableceran a súa residencia habitual e a detención de dúas persoas de orixe albanesa na localidade de Vilanova de Cerveira (Portugal), fuxindo o terceiro integrante do grupo. Neste rexistro recuperáronse xoias, complementos de firmas de luxo, diñeiro en metálico, dispositivos móbiles, un inhibidor de frecuencia, walkies talkies, ferramentas e dous vehículos de alta gama que utilizaban pata cometer os feitos delituosos. Os detidos foron postos ao dispor do tribunal correspondente en Portugal, onde se decretou o seu ingreso en prisión.
Os roubos producíanse en Portugal, elixindo vivendas que, pola súa aparencia puidesen indicar que no seu interior obterían obxectos de valor, como xoias ou diñeiro en metálico, pezas ou complementos de firmas de alta gama, desvalixando caixas fortes, ocultando o seu botín e ferramentas, en zonas boscosas de Vilanova de Cerveira (Portugal). O valor dos bens subtraídos puido alcanzar os dous millóns de euros.
Tras a emisión de varias O.E.I (ordenes europeas de investigación), polas autoridades xudiciais de Portugal e España, executadas polos corpos policiais mencionados e a análise da documentación intervida así como distintas xestións, púidose determinar a existencia de dúas persoas máis, como cooperadoras necesarias, na provincia de Valencia, as cales daban apoio loxístico e documental aos membros do grupo criminal, facilitando vivendas alugadas para a súa estancia temporal e vehículos.
Por iso, o pasado 10 de abril, e co apoio de Europol, por axentes da Garda Nacional Republicana de Braga e do Grupo de Patrimonio da Garda Civil de Pontevedra, procédese á explotación da segunda fase da operación, cun rexistro nun domicilio e a investigación na provincia de Valencia de dúas mulleres, como cooperadoras necesarias na actividade do grupo criminal, dando como resultado a incautación de diversa documentación importante no proceso, terminais móbiles en uso, material informático, así como uns 6.000 €.
Dáse por desarticulado un grupo criminal itinerante internacional (dedicado á comisión de roubos con forza en vivendas habitadas), participando durante o seu desenvolvemento, o Tribunal de Xustiza de Distrito de Braga (Portugal), a Fiscalía de Pontevedra (Sección de Cooperación Internacional), o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº1 de Tui, o Xulgado de Instrución Nº 20 de Valencia; así como a axencia de cooperación policial europea (EUROPOL).

