Sin categoría

O Club de Tenis Atobeira organiza o seu III Festival Solidario

O Club de Tenis Atobeira de Nigrán organiza este sábado día 13 de abril o seu III Festival Solidario, este ano a favor de Payasos sin Fronteras. No evento, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 21:00 horas, participarán Peter Punk, Mago Marco, Xermola, Glup Animación e Legión 501 Spanish Garrison. Ademais, Micalip’s ofrecerá un concerto. A comida poñerana os food trucks de Lalo’s e Capitán Filloa. Tamén haberá sorteos e sorpresas. O prezo das entradas é de 10 euros para os adultos e de 8 euros para os nenos e nenas de 3 a 14 anos (menores de 3 anos gratis). Reserva de entradas no WhatsApp 690776236. O 100% do recadado irá para a asociación Payasos sin Fronteras.