A Asociación Centro Cultural e Social de Baíña organiza para este sábado día 13 de abril unha excursión ao norte de Portugal, para coñecer Sistelo, un dos pobos con máis encanto do Parque Nacional da Peneda Gerês, formado por socalcos ou bancais, que percorren as ladeiras das montañas, coñecido como “o pequeno Tíbet portugués”. Ademais, visitarase Arcos de Valdevez, destino moi apreciado polas súas marabillosas paisaxes a beiras do río Vez, e Ponte da Barca, pintoresca poboación cun centro histórico moi interesante. A comida está incluída no prezo da viaxe, ademais de seguro de asistencia en viaxe e autocar e guía acompañante durante todo o percorrido. Inscricións e máis información no teléfono 653 68 49 69. Prezo socios 50 € (non socios 52 €). Saídas desde diferentes puntos de Baiona, Ramallosa e Gondomar.
A Asociación Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha excursión ao norte de Portugal

