Noko360 e o Concello de Nigrán organizan o próximo 25 de maio a VIII Carreira Nocturna de Nigrán. A proba constará dun percorrido de 5000 metros aproximadamente, 100% en asfalto, con saída e chegada no aparcamento do Campo das Redes, no paseo marítimo e en plena Praia América. Poderase escoller distancia de 5000 ou 10000 metros. Poden participar todas as persoas que o desexen maiores de 14 anos. A saída da carreira será conxunta, tanto 5K e 10K ás 21:30 horas.
Establécese un máximo de 150 participantes para 5K e de 300 na proba de 10K. O prezo de cada inscrición será de:
10K:
- Ata o 7 DE ABRIL: 12 euros
- Do 8 DE ABRIL AO 18 DE MAIO: 14 euros
- Do 19 DE MAIO AO 21 DE MAIO: 16 euros
5K:
- Ata o 7 DE ABRIL: 10 euros
- Do 8 DE ABRIL AO 18 DE MAIO: 12 euros
- Do 19 DE MAIO AO 21 DE MAIO: 14 euros
A inscrición inclúe cronometraxe, seguro de accidentes e servizo de ambulancia, camiseta de agasallo, avituallamento final e servizo de gardarroupa. Efectuaranse na páxina http://www.nocturnanigran.com.
Na distancia 10 km participarán as categorías Absoluta masculina e feminina, Sénior masculina e feminina, de 14 a 39 anos; Veteranos A de 40 a 49 anos e Veteranos B, máis de 50 anos. Entregarase un premio especial aos tres primeiros clasificados empadroados no Concello de Nigrán. Para os apuntados na distancia 5 km, entregarase premio aos tres primeiros e primeiras absolutos.

