Sin categoría

O Carme Baiona prepara a súa primeira gran churrascada aberta a toda a veciñanza

A Asociación O Carme Baiona organiza unha gran churrascada na Casa de Montes da Percibilleira para todos os veciños e veciñas que se queiran achegar. Será o vindeiro sábado, 13 de abril, a partir das 13:00 horas, e contará con sesión vermú, petiscos, música, inchables, churrascada, café, chupitos e máis música para amenizar a tarde.

O custo é de 20 euros para os socios e socias e de 12 euros para os nenos e nenas. As persoas non socias deberán abonar 2 euros a máis. A directiva anima a toda a veciñanza a achegarse para pasar unha boa xornada de sábado en boa compañía e axudar a recadar para as Festas do Carme 2024.

Ademais, O Carme Baiona recorda que, unha vez rematado o mes de marzo e dar comezo abril, os bingos volven a ser os venres, a partir das 22:00 horas no Liceo Marítimo de Baiona.