Sin categoría

Charla sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute en Nigrán

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) para ofrecer este venres 5 de abril unha charla sobre esta enfermidade e a dieta sen glute a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal impartida por Nuria Colmenero, responsable do departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria de devandita entidade. A entrada é de balde e aberta a toda aquela persoa interesada no tema.