Sin categoría

41 nenos e nenas participaron no programa de Conciliación de Semana Santa de Baiona

O Concello de Baiona realizou durante Semana Santa o programa de Conciliación no que participaron 41 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumpre unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

Así, o 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril no CPI Cova Terreña os nenos e nenas participantes gozaron coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata obradoiros e manualidades. O programa de Conciliación Semana Santa 2024 tivo unha gran acollida entre as familias do municipio. A actividade está cofinanciada polas familias e pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.