Sin categoría

Dous ouros para o CPA Gondomar no Trofeo Deputación

Este sábado, o Club Patinaxe Artística Gondomar albergou o Trofeo Deputación das categorías Benxamín-Infantil. Gael Fernández, benxamín masculino, revalida o seu título conseguindo novamente o ouro no trofeo deste ano, e Teresa Rodríguez tamén se sobe ao máis alto do podio e faio en benxamín feminino. Os patinadores de David Figueroa luciron os seus programas de patinaxe artística sobre rodas con destreza e forza.

O campionato dividiuse en dúas xornadas, de mañá empezando ás 10:30 con contactos de pista e finalizando coa entrega de trofeos. A xornada de tarde finalizou coa exhibición do show Júnior, actual campión galego, sendo a posteriori a entrega de trofeos coa presenza das autoridades de Gondomar, o Alcalde Paco Ferreira e a concelleira de Deportes Nuria Lameiro.