Concello de Gondomar e Gondomar Acro Club organizan o próximo domingo 7 de abril desde as 10:00 da mañá no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda o seu I Torneo de Ximnasia Acrobática. Participarán as e os mellores deportistas desta espectacular disciplina deportiva, e na que o club gondomareño é xa un referente nacional, acadando nos últimos anos excelentes resultados en distintas competicións e campionatos.
I Trofeo de Ximnasia Acrobática Concello de Gondomar

