Sin categoría

Festival de Primavera de Ldanzia en Gondomar

O Concello de Gondomar colabora coa escola de baile Ldanzia no seu Festival de Primavera. Será o próximo domingo 7 de abril a partires das 16:30 horas no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda. Haberá escolas invitadas e sorteos. O obxectivo deste festival é recadar fondos para que poidan asistir ao Campionato Nacional de Danza que proximamente terá lugar en Burgos.