Gondomar iniciou este domingo a programación de actos e cultos relixiosos da Semana Santa coa celebración da Procesión da Borriquiña. Tras a bendición de Ramos e Palmas no parque infantil situado tras a Igrexa Parroquial de San Bieito, coa asistencia de decenas de fieis, comezou o percorrido ata o Templo, onde se celebrou a Misa da Paixón do Señor.
A programación continuará o Xoves Santo ás 20:00 horas coa Celebración da Cea do Señor e a Procesión dos Catro Pasos. O Venres Santo sairá a Procesión da Esperanza ao finalizar a Celebración da Morte do Señor, que dará comezo tamén ás 20:00 horas. O sábado ás 22:00 horas celebrarase a Solemne Vixilia Pascual, e o domingo ás 12:30 horas a Misa de Pascua e a Procesión do Encontro.

