Sin categoría

O XV Torneo de Minibasket CB Baiona xa ten clasificados para cuartos

Este sábado deu comezo o XV Torneo de Minibasket CB Baiona. Tras unha gran xornada de baloncesto, os clasificados para cuartos de final da categoría masculina, son:

  • Salesianos vs Seis do Nadal
  • Porriño BB vs SJ Valladolid A
  • Novobasket vs Estudantes Pontevedra
  • Galogrín vs C. Ponferrada 13

Estes cruces terán lugar ás 9:00 e ás 11:00 da mañá do domingo no Pavillón Municipal de Baiona.

Os equipos clasificados para cuartos de final na categoría feminina xogarán ás 10:00 e 12:00 e son:

  • CB Culleredo vs Estudiantes de Lugo
  • Salesianos vs Depordima
  • CB Torelló vs Porriño BB
  • Celta vs Seis do Nadal

Á 13:00 horas terán lugar as semifinais masculinas e ás 14:00 as femininas. Tras o parón para comer, xogaranse ás 17:00 horas a final masculina e ás 18:00 horas a final feminina. E, por último, ás 19:00 horas realizarase a clausura da XV edición deste Torneo, o desfile dos equipos participantes, a entrega de premios aos gañadores e agasallos de recordo no que participarán todos os xogadores e xogadoras, coa presenza das autoridades e patrocinadores do torneo.