O Torneo de Minibasket de Baiona xa está a encher as rúas da Vila con nenos e nenas de diferentes clubs da xeografía española e das catro provincias galegas. Esta mañá 24 nenos e nenas do Club Basket Torelló gozaron dun día asollado coñecendo diferentes lugares da localidade. Desde o Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, dirixida por Policarpo Vilar, organizoulles unha visita ao museo flotante da Carabela Pinta.
O Club Basket Torelló visita o museo flotante da Carabela Pinta

