Baiona e a localidade irmá de Pornic (Francia), irmandadas desde 1997, deron un paso máis para reforzar os seus lazos cunha visita do alumnado de 3° de ESO de Francés do CPI Cova Terreña. O estudantado desprazouse en autobús ata o Aeroporto do Porto-Francisco Sá Carneiro desde o centro educativo baionés para gozar durante unha semana dun programa de intercambio co Collége Jean Mounés.
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Educación, financiou o desprazamento de ida e volta en autobús ao aeroporto. Na súa visita a Pornic, ademais de reencontrarse, coñecer e realizar actividades coas familias de intercambio, asistirán a clases no Collége Mounés e visitarán tamén Guérande coas súas Salinas, o Estuario de Loire e Nantes.
Esta enriquecedora iniciativa permitiu que os baioneses e baionesas participantes nútranse dun importante intercambio de culturas, tradicións e costumes, poñendo en práctica o idioma francés. Tamén serve para fortalecer o vínculo entre a cidadanía de ambas as dúas vilas irmás. A Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, e a Concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, achegáronse ata o centro para despedir ao alumnado e ao profesorado que viaxa a Pornic.

