Este sábado, 23 de marzo, Iván Refojos realizará a presentación oficial de “La Galicia Escondida”, na Praza do Concello de Gondomar, de 16:00 a 18:00 horas, coincidindo tamén coa estrea na canle de YouTube do primeiro capítulo. Tamén estarán algunhas persoas que confiaron neste proxecto como: Mitt (Jets Marivent), Concello de Gondomar, Adegas Pentecostes, Autoescola San Benito e CCGR (Catro Cantos Galicia Raiders). Estará exposta tamén a motocicleta que lle acompaña nesta aventura, unha Mitt 530 TT, e así os asistentes poderán vela en primeira persoa. Tamén haberá algunhas sorpresas en forma de agasallos.
La Galicia Escondida
“Vivimos nun país rico en mil cosas, e cunha xente e lugares incribles e máxicos, que aos poucos imos esquecendo que existen, así tamén como moitas tradicións, oficios, etc… Galicia, esta terra de meigas, bruxas, lendas, mar, montaña, fagamos que brille máis que nunca. Esta idea nace de moitas saídas en moto, e tamén das redes sociais, xa que parece que o que prima hoxe é dar a volta ao mundo, irse fóra de aquí, e realmente creo que nos esquecemos do que temos preto de casa. E por iso que nace este proxecto, aventura, ilusión, chámese como se queira, á fin e ao cabo. Galicia é preciosa en calquera época do ano, e encima dunha moto aínda moito máis”, sinala Iván Refojos.
A orde da aventura sería: empezar pola provincia de Pontevedra, seguir por Ourense, Lugo e finalmente A Coruña, buscando as estradas tamén esquecidas, comarcais, locais, pistas de formigón, etc.… “Durante a aventura non só atoparei aldeas abandonadas se non castelos, pazos, fábricas, baterías militares, etc.…, todo isto deixado aí ao abandono e tamén será unha oportunidade de falar coa xente de cada zona e así coñecer tamén de primeira man, moitas historias dos lugares que visitarei”, finaliza.


