O Concello de Baiona informa as veciñas e veciños que se abastecen de auga potable da Presa de Baíña que o servizo quedou inactivo, debido á rotura da tubaxe xeral da subministración, por unhas obras na subministración eléctrica por parte da empresa contratada.
Está a traballarse para que o servizo estea restablecido canto antes. O Concello de Baiona pide desculpas aos veciños e establecementos das zonas afectadas polas molestias ocasionadas. Prevese que a subministración se restitúa en cinco horas.

